Boliñas enerxéticas

Non sei cal é a razón pero encántanme as receitas que dan para facer cousas en pequenos bocados. Supoño que debe ser porque así permiteme cociñar máis tempo e enredo máis pola cociña.

En resumo, que se queredes entretervos na cociña un ratiño pero sen moita complicación, estas boliñas son ideais.

Resisten moi ben para ser enviadas ao cole nun bento ou tupper e non sufren por estar fóra da neveira.

Aviso para megalarpeiros: son saudables, así que non pensedes que vades poder comer 10; a fibra dos dátiles e da avea fai que teñas que poñer tope.

Dentro receita.

Ingredientes

  • 100 gr de copos de avea gorda
  • 50 gr de pistachos pelados
  • 50 gr de anacardos
  • 25 gr de sementes de liño
  • 25 gr de dátiles sen pebida
  • 30 ml de sirope de ágave
  • unha culler de postre de extracto de vainilla
  • 40 gr de arandos deshidratados
  • 40 gr de chocolate do 85% de cacao
  • Media culler de postre de canela en pó
  • Un chisco de sal

Elaboración

  1. Tostar no forno a 180 graos durante 10 minutos a avea e os anacardos.
  2. Nun bol agregar as sementes de liño e 45 ml de auga e deixar repousar. .
  3. Na thermomix triturar os dátiles xunto co sirope de ágave e o extracto de vainilla.
  4. Incorporar a mestura de liño e auga e mesturar.
  5. Engadir o resto de ingredientes e mesturar ben todo. Formar boliñas e deixar repousar na neveira para que collan corpo.
Recomendacións
  • Se non hai anacardos vale calquera outro froito seco.
  • Duran moito tempo na neveira, metidas nun tupper e quedan ben duriñas para levar nun bote como snack.
  • Se os dátiles están moi duros, mergullalos en auga quente 10 minutos antes de usar.
Receita orixinal: Pick up Limes
Aquí un detalle máis de preto de cómo quedan unha vez redondeadas.

Un comentario

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*