Champiñóns ao “ajillo”


Ingredientes

4 dentes de allo
1 mada de perexil (só as follas)
400 gr de champiñóns frescos laminados
50 gr de aceite de oliva
Sal e pementa ao gusto

Elaboración

1) Poñer no vaso os allos e o perixil e trocear 4 segundos a velocidade 5. Coa espátula, baixar os ingredientes cara o fondo do vaso.

2) Colocar a mariposa nas coitelas e engadir o resto de ingredientes. Programar 12 minutos, temperatura Varoma, xiro á esquerda, velocidad culler.

3) Pasado o tempo, comprobar que os champiñóns estén cocidos. De non ser así, programar un par de minutos máis coa mesma temperatura e velocidade. Se teñen demasiado líquido, retirar a mariposa, sacar os champis e deixar só o líquido. Programar 5 minutos a temperatura Varoma, quitando o xiro á esquerda e velocidade 1 para reducir a salsa.

Notas

Están moi ricos acompañados con arroz cocido en branco.

Pódese facer tamén con setas.

Fonte

Receita orixinal: Libro Thermomix TM 31 Imprescindible, páx 127

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*