Croquetas da avoa Magdalena

A miña avoa Magdalena tiña tres elaboracións caseiras que me levaban a vida: os filetes empanados con patacas e pemento, a sopa e as croquetas. Penso que me podería ter alimentado desdas tres cousas toda a vida, porque, por sinxelas que parezan, tiñan o seu toque e sabían como ningunha outra no mundo.

Morreu con máis de 90 anos e cando xa ía maiorciña un día decateime de que necesitaría a súa receita se quería seguir saboreando as súas croquetas. Así que, xunteime con ela na cociña e como puiden fun medindo cantidades, e tomando nota de todos os procesos. Non foi fácil porque claro, ela facía todo a ollo e con esa clásica frase de avoa de: “xa a masa che vai pedindo”.

Así que como a min as masas nunca nada me pediron, conseguín anotar ben a receita e inmortalizala para a posteridade e hoxe compartoa aquí con vós.

Ela facías recheas de xamón ou de restos de carne fresca que lle sobraba de facer a sopa. Para a miña adaptación vexetariana, eu usei Heura especiado.

Facía tempo que un sabor non me trasnportaba deste xeito á infancia. Agardo que vos guste a receita e logredes as mellores croquetas de todo o universo.

Dentro receita!

Ingredientes

  • 80 gr de fariña
  • 1/2 L de leite
  • 1 pocillo de aceite
  • 50 gr de manteiga
  • 1/2 cebola
  • Noz moscada
  • Recheo ao gusto (eu púxenlle Heura)

Elaboración

  1. Poñer o aceite a manteiga nunha tixola e dourar a cebola.
  2. Engadir o recheo e agregar a fariña.
  3. Remexer uns minutos para que quede ben douradiña a fariña.
  4. Engadir o leite quente para que ligue, agregarlle a noz moscada e remexer ata que espese (uns 3 a 5 minutos).
  5. Poñer toda a mestura nun recipiendo mollado de antemán e cubrir a mestura aínda quente cun film. Deixar repousar e gardar na neveira ata que enfríe. Unha vez frío, facer as croquetas e empanar polo procedemento habitual que máis che guste e fritir nunha tixola con abundante aceite.
Recomendacións
  • Heura é unha proteína de orixe vexetal que imita o sabor e textura do polo pero podedes empregar calquera tipo de recheo.
  • A min gustame empanalas pasandoas primeiro por fariña, logo por ovo e finalmente polo pan relado.
  • Para que non abran cando as esteas a freir, tenas un pouco a temperatura ambiente antes de freílas.
Receita orixinal: da miña avoa Magdalena.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*