Cuscús veraniego

Cuscus

Por fin domingo soleado na costa norte galega!!!!!!! Xa ía sendo hora. Mi madriña, estaba do mal tempo e da choiva ata apunta do flequillo!

Así que hoxe, animada por estas raiolas que me quentan as costas, traio unha receita para pasar pouco tempo na cociña e máis na praia ;): cuscús veraniego. E digo veraniego porque este cuscús sírvese frío e no inverno non apetece nada tomalo (apatece máis un caldiño), pero agora que comezan as boas temperaturas parece que apetece levalo no tupper e comelo en calquera campeiro da nosa xeografía.

É un prato moi sinxelo de preparar, tanto que o outro día llo ensinei ao rapaces de Queres Tecnoloxías no obradoiro de cociña saudable de tupper para levar á oficina e gustoulles moito. Así que xa non hai excusas para comer un chisquiño máis saubdle e con cero sufrimento animal.

E como o San Xoan xa está á volta da esquina cóntovos o que vou facer para ese día: pedir que me cociñen :), jeje. A quen? Pois á fantástica maría José de La Cuchara Veggie que ten preparado un estupendo menú vegano para esta celebración que inclúe empanada e choriveganos!!! Bravo!! E todo a domicilio. Así que si vives nun pequeno pobiño como me sucede a min, esto tamén está ao teu alcance.

Sen máis, dentro receita.

Ingredientes

  • 1 taza de cuscús
  • 1 tomate de ensalada
  • 1/2 pepino
  • 1/2 pemento verde
  • 1/2 pemento vermello
  • 1/2 cebolleta
  • 1 culler sopeira de perexil picado fresco
  • 1/2 culler sopeira de hierbabuena fresca picada
  • 1 culler sopeira de pasas
  • 2 culleres sopeiras de aceite de oliva
  • 1 culler sopeira de vinagre
  • Sal ao gusto

Elaboración

  1. Quecer auga e nun bol colocar 1 taza de cuscús e cubrir coa auga fervida o xusto para que quede un dedo de auga por riba do cuscús. Tapar cun trapo e deixar repousar mentres preparamos o resto de ingredientes.
  2. Picas en dadiños pequenos o tomate, o pepino, o pemento vermello e verde e a cebolleta. Reservar.
  3. Nunha táboa de madeira picar moi moi finas as herbas (perexil, hierbabuena).
  4. Nun bol mesturar o cuscús coas verduras, as herbas e as pasas. Aderezar co aceite o vinagre e o sal.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Eu usei cuscús integral para este prato pero vale tamén o cuscús normal.
  • A min gústame usar pasas moi pequenas e moi secas.
  • Este prato sírvese frío ou atemperado.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: Dakidissa.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*