Pois con esto do confinamento volvo ter algo de tempo para actualizar o blog e colgar algunha das receitas das que estamos tirando estes días.
Esta semana requeríase algo que poidese facerse un día e que durase no conxelador semanas e cal foi a miña sorpresa ao ver que non tiña no meu listado ningunha receita de falafel. E iso que soe ser un recurso bastante básico na cociña vexetariana.
Así que, aquí vos comparto a receita que eu uso para facelos con garabanzos crús. Sei que tamén se pode facer con eles cocidos pero a min gústame máis o punto cruxinte que lle da que estean crús.
Dentro receita.
Ingredientes
- 400 gr de garabanzos
- 4 culleres de postre de comino moído
- 2 culleres de postre de allo en pó ou dous allos frescos
- 2 culleres de postre de levadura en pó (Royal)
- 2 culleres sopeiras de perexil ou herbas provenzais
- Zume de un limón
- Pizca de cúrcuma (opciona)
- 2 culleres de postre de sal
Elaboración
- Poñer os garabanzos a remollo a noite anterior.
- Ao día seguinte escoalos e trituralos na Thermomix.
- Engadir o resto de ingredientes ata que quede todo ben mesturado pero sen ser un puré.
- Deixar repousar na neveira durante 15 minutos ou dun día para outro.
- Retirar da neveira e facer boliñas coa cantidade que colle nunha culler de postre. Logo aplastalas lixeiramente.
- Quencer aceite nunha tixola e fritir as boliñas aplastadas en aceite ben quente. Retirar a un prato con papel absorbente e listas para comer.
Recomendacións
- Podense acompañar cunha salsa de iogur: iogur natural ou tipo grego, dúas culleres de aceite de oliva, sal, menta e chorriño de zume de limón. Mesturar todo ben e servir ben fría da neveira.
- Se vos gusta o picante, podeselle engadir unha culler de postre de pimentón picante á masa.
- Para ter garabanzos remollados sempre a punto, podense remollar e conxelar xusto despois do remollo, sen cocer nin nada. Así cando os precises só hai que sacalos do coxelador e listos para cocer sen necesidade de 8 horas de remollo.
Receita orixinal: Begin Vegan Begun.
2 Comments