Falafel


Pois con esto do confinamento volvo ter algo de tempo para actualizar o blog e colgar algunha das receitas das que estamos tirando estes días.

Esta semana requeríase algo que poidese facerse un día e que durase no conxelador semanas e cal foi a miña sorpresa ao ver que non tiña no meu listado ningunha receita de falafel. E iso que soe ser un recurso bastante básico na cociña vexetariana.

Así que, aquí vos comparto a receita que eu uso para facelos con garabanzos crús. Sei que tamén se pode facer con eles cocidos pero a min gústame máis o punto cruxinte que lle da que estean crús.

Dentro receita.

Ingredientes

  • 400 gr de garabanzos
  • 4 culleres de postre de comino moído
  • 2 culleres de postre de allo en pó ou dous allos frescos
  • 2 culleres de postre de levadura en pó (Royal)
  • 2 culleres sopeiras de perexil ou herbas provenzais
  • Zume de un limón
  • Pizca de cúrcuma (opciona)
  • 2 culleres de postre de sal

Elaboración

  1. Poñer os garabanzos a remollo a noite anterior.
  2. Ao día seguinte escoalos e trituralos na Thermomix.
  3. Engadir o resto de ingredientes ata que quede todo ben mesturado pero sen ser un puré.
  4. Deixar repousar na neveira durante 15 minutos ou dun día para outro.
  5. Retirar da neveira e facer boliñas coa cantidade que colle nunha culler de postre. Logo aplastalas lixeiramente.
  6. Quencer aceite nunha tixola e fritir as boliñas aplastadas en aceite ben quente. Retirar a un prato con papel absorbente e listas para comer.
Recomendacións
  • Podense acompañar cunha salsa de iogur: iogur natural ou tipo grego, dúas culleres de aceite de oliva, sal, menta e chorriño de zume de limón. Mesturar todo ben e servir ben fría da neveira.
  • Se vos gusta o picante, podeselle engadir unha culler de postre de pimentón picante á masa.
  • Para ter garabanzos remollados sempre a punto, podense remollar e conxelar xusto despois do remollo, sen cocer nin nada. Así cando os precises só hai que sacalos do coxelador e listos para cocer sen necesidade de 8 horas de remollo.
Receita orixinal: Begin Vegan Begun.

2 Comments

  1. Jesús M Giz

    A ver se podo facer esta axiña. un dos meu platos favoritos o falafel. quedaronche unhas fotos ben chulas 😉

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*