Gofres salgados de coliflor

Gofres salgados

Fai pouco merquei unha nova gofreira/sandwicheira porque a anterior xubilouse. Merquei esta de Create: Stone Studio E a verdade é que estou moi contenta con ela.

Para estreala, arrinqueime cuns gofres de coliflor salgados que vin na súa web. Para min, que aborrezo a coliflor, resultoume unha receita riquísima e do máis agradecida.

Velai vai a receita.

Ingredientes

  • 160 gr de coliflor
  • 1 ovo
  • 50 gr de queixo cheddar relado
  • 50 gr de pan relado
  • 1 chisco de sal
  • 1 chisco de pementa negra

Elaboración

  1. Relar a coliflor e apretala ben cunha gasa para que lle saia o exceso de auga.
  2. Agregarlle o ovo batido, a pementa, o sal, o pan relado e o queixo. Mesturar todo ben.
  3. Deixar repousar na neveira durante 30 minutos.
  4. Quencer a gofrera e cando estea quente pintala con aceite e agregar a masa.
  5. Retirar pasados 7 minutos aproximadamente.
Recomendacións
  • A textura que queda é cruxinte ainda que na imaxe pareza brando.
  • Tamén cun chisco de ourego na masa adquire un toque pizzeiro.
  • Con esta masa saen catro gofres.
Receita orixinal: Create Recipes
Gofre de coliflor
Detalle do gofre

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*