Granola en microondas

Granola en microondas

Fai tempo na casa estiveramos a facer probas con receitas en taza no microondas pero non nos gustara nada de nada o resultado. Pero vimos de descobrer a páxina de Gemma Stafford que é unha auténtica gozada. Todas as súas receitas de microondas son fantásticas, saen á primeira e teñen un sabor e presentación espectaculares.

Esta granola para o almorzo, xunto cun brownie que se fai nun minuto son as dúas primeiras receitas que probei do seu blog e non puiden quedar máis contesta.

Aquí vos comparto a receita por se queredes facer a proba e saír da incredulidade con esta espectacular granola en microondas. Resultado de 10.

Ingredientes

  • 1 culler sopeira de sirope de ágave ou mel
  • 2 culleres de postre de auga
  • 2 culleres de postre de aceite de xirasol ou de coco
  • Un chisco de sal
  • 5 culleres sopeiras de copos de avea
  • 1 culler sopeira de froitos secos (noces, pecanas, cacahuetes, etc)
  • 1 culler sopeira de coco relado

Elaboración

  1. Nunha taza apta para microondas mesturar todos os ingredientes agás o coco relado.
  2. Meter no microondas durante 1 minuto e 30 segundos, retiralo, remexelo e volver metelo outro minuto e medio.
  3. Volcalo nun plato e deixalo repousar para que os copos queden cruxintes.
  4. Servir cun iogur natural de soia e froita fresca e o coco relado.
Recomendacións
  • O meu micro ten 800 W de potencia máxima.
  • Podese facer con calquera froito seco.
  • Ao sair do micro, remexer ben os copos para qeu queden soltos e non se peguen uns aos outros.
[box type=”info”]Receita orixinal: Bigger Bolder Baking.[/box]

Vista en taza : granola

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*