Malfatti

Malffati

O malfatti é un prato italiano consistente nunha especie de albóndegas de ricotta e espinacas que se soe servir cunha salsa de manteiga ou de queixo parmesano. Hoxe imos preparar unha versión máis lixeira e un pouco diferente pero co mesmo espírito da auténtica italia :).

As boliñas pódense deixar preparadas do día anterior e pódense facer de tamaño máis pequeño se as queremos facer con outro tipo de ensalada que non sexa a ensalada de rúcula e canónigos.

Velaí vai a receita.

Ingredientes

  • 110 gr de copos de avea fina
  • 1 ovo
  • 5 culleradas sopeiras de bebida de avea
  • sal ao gusto
  • 1 cebolleta
  • 40 gr de piñóns
  • 2 culleradas sopeiras de aceite de oliva
  • 150 gr de follas de rúcula e 150 gr de follas de canónigos

Elaboración

  1. Bater o ovo con dúas pizcas de sal mariña e engadir a bebida de avea. Agregar a avea fina e mesturar ben ata que quede unha cousa pastosa pero non seca.
  2. Cunha culleriña facer pequenas boliñas e botalas nunha pota con auga fervendo cun chisco de sal. Deixalas ferver 2 minutos e logo retiralas.
  3. Quentar o aceite nunha tixola e cando estea ben quente agregar a cebolleta e deixar qeu se faga.
  4. Logo agregra os piñóns e cando se doren incorporar as follas de rúcula e canónigos e saltear 1 minuto máis.
  5. Finalmente agregar as boliñas de avea (escoadas) e saltear todo xunto. Pódese engadir un chorriño de salsa de soia.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Eu ás veces fago este prato só con canónigos porque a rúcula ás veces resúltame moi forte de sabor.
  • Hai que saltear moi pouco as follas porque coa calor enseguida se espapuxan.
  • Se só hai avea gorda, pódese triturar coa Thermomix para facela finiña.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: algunha revista de Cociña Vexetariana.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*