Nuggets veganos

Nuggets veganos

Por fin chegou ás miñas mans “Mi pequeña carnicería vegana” dos franceses Sébastien Kardinal e Laura Veganpower. Trátase dun libro que vai un pouco máis aló do clásico chorivegano ou da típico filete de seitán.

No blog de Delantal de Alces podedes atopar unha reseña completa con imaxes do libro.

Como non podía ser doutro xeito, puxenme mans á obra escollendo como primeira receita estos nuggets de polo que hoxe vos traigo. O resultado, para o meu gusto… ESPECTACULAR!!! Costoume un mundo deixar uns cantos para conxelar e ver o resultado porque tiña ganas de comelos todos.

Se vos animades a facer receitas deste libro, non perdades a paciencia. Ten algún ingredientes pouco habituais pero o resultado merece a pena. Un dos elementos que máis me chamou a atención foi o uso do aceite de colza, que aquí en España ten moi moi mala prensa. Grazas a este libro puiden descubrir que existe aceite de colza de primeirísima calidade (eu merqueino por Amazon). Se estades interesados en ter una visión rápidad e porqué ne España está mal visto e de cales son as súas propiedades, anímovos a consultar este post de “El Comidista“.
Dentro receita.

Ingredientes

  • 250 gr de garabanzos cocidos
  • 10 gr de tapioca
  • 150 ml de leite de soia (sen azucarar)
  • 20 gr de mostaza
  • 1/4 de noz moscada
  • 7 gr de sal fina
  • 60 gr de améndoas moídas
  • 20 gr de levadura de cervexa
  • 4 follas de salvia fresca
  • 15 ml de aceite de colza
  • Pementa negra
  • 150 gr de glute de trigo
  • 60 gr de fariña de trigo
  • 2 gr de allo en pó
  • 50 gr de panko (pan relado xaponés)

Elaboración

  1. Nun bol mesturar os garabanzos, a tapioca, o leite de soia, a mostaza a noz moscada e 5 gr de sal e converter nun puré fluído coa axuda dunha batedora.
  2. Engadir as améndoas, a levadura de cervexa, a salvia, o aceite de colza e un chisco de pementa negra. Triturar brevemente.
  3. Engadir o glute de trigo e amasar ata que a masa sexa elástica e homoxénea.
  4. Formas dúas “salchichas” lixeiramente aplanadas e envolvelas en papel film. Cocer ao vapor durante 1 hora.
  5. Pasada a hora, deixar que enfríen e logo cortar en toros de 1 centímetro e medio aproximadamente.
  6. Nun bol mesturar a fariña, o allo en pó, 2 gramos de sal. Agregar 100 ml de auga tépeda e mesturar ata ter una masa líquida.
  7. Poñer panko nun prato. Pasar os nuggets pola masa líquida e logo polo panko.
  8. Fritir e escoar nun pano de papel de cociña.
Recomendacións
  • En freidora, freir a 180 graos.
  • Podense conxelar unha vez feitos ou antes de freílos. Quedan ben dos dous xeitos.
  • O aceite de colza merqueino en Amazon.
[box type=”info”]Receita orixinal: Mi pequeña carnicería vegana.[/box]
20181018_152635
20181018_152550

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*