Patacas Deluxe


Ingredientes

500 gr de patacas
1/2 culler de postre de pementón doce
1 culler de postre de allo en pó
1 culler de postre de ourego seco
1 culler de postre de estragón seco
1 culler de postre de tomiño seco
1 culler de postre de sal (opcional)
3 culleradas sopeiras de aceite de oliva virxe extra

Elaboración


1) Prequencer o forno a 200 graos.

2) Lavar as patacas ben e cortalas pola metade facendo medias lúas do mesmo tamaño.

3) Nun recipiente mesturar o aceite de oliva coas especias e incorporar as patacas. Embadurnar ben coa mestura.

4) Forrar unha bandexa de forno  e colocar nela as patacas.

5) Meter no forno durante 30 minutos con calor arriba e abaixo a 200 graos.




Notas

Estas son as miñas preferidas. Gústanme máis que as patacas cajún.

Quedan moi ben acompañadas dunha salsa grega, de iogur ou simplemente con maionesa. 

Fonte

Receita orixinal: Danza de Fogones

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*