Quiché de espinacas

 


Ingredientes

Para a masa: 
(para 2 bases)

350 gr de fariña de repostería
130 gr de manteiga fría en anacos pequenos
70 gr de auga
1 chisco de sal
1 culler de postre de azucre
1 culler de postre de levadura Royal

Para o recheo: 

3 ovos
200 ml de leite evaporado ou crema vexetal de soia
1 paquete de espinacas frescas
1/2 rulo de queixo de cabra
1 puñado de piñons
1 puñado de pasas
sal e pementa branca ao gusto

Elaboración

1) Prequencer o forno a 180 graos.

2) Poñer no vaso da Thermomix todos os ingredientes na orde na que aparecen na lista de ingredientes e mesturar 15 segundos en velocidade 6.

3) Dividir a masa en dúas bolas iguais e gardalas dentro dunha bolsa de plástico na neveira durante 15 minutos.

4) Sacar 1 das bolas da neveira e estirala ben para un molde de 26 a 28 cm.

5) Meter de novo na neveira durante 15 minutos.

6) Pintar a superficie da masa con ovo batido e pinchar cun tenedor.

7) Meter no forno sen recheo durante uns 15 minutos.

8) Mentres nun bol mesturar os ovos, o leite evaporado, a sal e a pementa.

9) Sacar a masa do forno, e colocar no fondo da tartaleta as espinacas crúas. Colocarlle por riba o queixo de cabra e epolvorexar cos piñóns e as pasas. Por riba verter a mestura de ovo e leite.

10) Volver meter no forno durante outros 15 a 20 minutos.

11) Retirar do forno e deixar atemperar uns 5 minutos antes de desmoldar.

Notas

Desta receita de masa quebrada saen dúas masas. A segunda pódese conxelar en forma de bola ou ben un pouco estirada.

Esta masa admite calquera outro tipo de recheo. Por exemplo con coles de bruselas troceadas, pementos do piquillo, aceitunas negras e queixo de cabra, queda moi ben tamén.

Tamén se pode facer con espinacas conxeladas (hai que desconxelalas primeiro e quitarlles ben a auga).

Se se quere usar esta masa para un pastel doce, pódese agregar unha culller sopeira de cacao en pó na primeira mestura.

Fonte

Receita orixinal:masa de Thermomix e recheo propio

Exemplo de quiché con coles de bruselas, aceitunas negras e pementos do piquillo.

2 Comments

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*