Taller do campo á mesa


Os meus amigos Ingrid de Casa Rural Ultreia e Kike de Bron Horta Natural, unen forzas para crear unha experiencia diferente: o despertar da primavera no Ortegal.

Estas dúas cabeciñas pensantes acaban de idear un obradoiro no que que levarán o campo á mesa o vindeiro 3 de abril en Couzadoiro.

Neste obradoiro, o primeiro que farán será levarnos de visita á horta de Kike, unha preciosa horta na que poderemos ver cómo nace a vida e como agroman as primeiras verduras de primavera. Kike explicaranos con detalle cómo se logra que naza todo o que ten alí usando técnicas agroecolóxicas respetuosas co medio ambiente.

Na súa horta e polo camiño recolleremos verduras e prantas que usarmos para cociñar cando regresemos do noso paseo á horta de Kike.

Chegados a Casa Ultreia, Ingrid guiaranos para elaborar uns riquísimos pratos; sabrosos e naturais: nuggest de coliflor, quiché de espinacas e pasas, ensaladas e algunha que outra sorpresa doce que nos terá preparada esta grande cociñeira que coida con moito mimo todo aquelo que toca.

Para remtar o obradoiro, comeremos todos xuntos os pratos elaborados durante a mañá.  E concluiremos cun te de herbas da zona que nos deixará a todos ben reconfortados despois de pasar unha mañá aprendendo destes dous fenómenos que son Ingrid e máis Kike.

Se eres fan da Thermomix, apúntate seguro, porque aprenderás novos usos deste fantástico robot de cociña para elaborar pratos moi saudables.

O obradoiro ten un coste de 15 € por persoa asistente.  

Queres apuntarte?

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*