Tarta de avea e chocolate

Cumpreanos dunha amiga + semana de moito traballo = non preparar unha boa tarta. E como iso non podía ser de xeito ningún, pensei en qué larpeirada podería preparar que fose máis ou menos saudable, rápida e que non precisase moitos ingredientes.

E coma sempre, San Google trouxome a solución en forma de tartiña resultona, vistosa e sabrosa. Grazas internet!

Polo que me dixeron, gustou tanto a “fits” como a “non tan fits”, a pequenos e maiores e ata a un can (OH my God! ).

Así, que non tendo máis que engadir… dentro receita.

Ingredientes

  • Unha lata de leite de coco (380 ml aprox)
  • 200 gr de chocolate negro
  • 230 gr de copos de avea integral

Elaboración

  1. Nunha pota, poñer o leite de coco a ferver.
  2. Mentres picar o choclate en anacos e poñelo nun bol de cristal.
  3. Tan pronto como rompa a ferver o leite, botalo por riba do chocolate e deixar 2 minutos. Logo remexer ben ata que o chocolate quede completamente derritido.
  4. Agregar á mestura de leite de coco e chocolate a avea e mesturar novamente. Deixar repousar 3 minutiños antes de volcar nun molde.
  5. Agregar a mestura ao molde de tarta que queiramos e gardar na neveira ata que endureza (unhas 2 horas).
Recomendacións
  • O choco que usei nesta receita foi o de Lindt Excellence do 70%, pero funciona exactamente igual con porcentaxes maiores de cacao.
  • A avea é da grosa, da que ten o grao case enteiro, non desa que ben xa máis trilladiña.
  • Por riba pódese decorar con froita fresca ou incluso cun meregnue vegano feito con aquafaba.
Receita orixinal: Recetas de casa LM Ligth

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*