Tartaletas de cacao e dátiles

Tartaletas de dátiles e cacao

Como teño por diante as vacacións de Semana Santa, ando trasteando un pouco na cociña para facer novas cousas. Lanzeime con estas tartaletas (saen catro con esta receita) de Amy le porque son moi sinxelas de facer, precisan de poucos ingredientes e son bastante saudables como postre.

A verdade é que o resultado é moi bo. Quedan moi vistosas para presentar nunha celebración e son sinxelas de facer porque case todo é mesturar e punto.

Non ten máis. Tedes que probalas, así que dentro receita.

Ingredientes

Para a base

  • 1 taza de anacardos sen sal
  • 3/4 taza de fariña de améndoa
  • 1/2 taza de coco relado
  • 1 e 1/2 culleres sopeiras de cacao en pó
  • 6 dátiles (medjoul)
  • 1 pizca de sal

Para o recheo

  • 1 e 1/2 taza de anacardos sen sal remollados durante 8 horas
  • 1/2 taza de leite de coco
  • 1/2 taza de cacao en pó
  • 1/4 taza + 1 culler sopeira de sirope de ágave/arce/etc
  • 2 culleres sopeiras de aceite de coco
  • 2 culleres de postre de vainilla líquida
  • 1 pizaca de sal

Elaboración

  1. Comezaremos coa base triturando na Thermomix os anacardos. Unha vez estean triturados, sen retiralos do voso engadimos o resto de ingredientes da base e seguimos triturando ata que quede todo ben mesturado.
  2. Dividir esta mestura en catro tartaletas de 12 cm (aprox) e presionar ben contra o molde ata que quede unha base con forma de tarta.
  3. Para o recheo mesturar todos os ingredientes na Thermomix e triturar durante uns 4 minutos ata que teña consistencia de crema.
  4. Verter o recheo sobre a a base e meter na neveira durante un mínimo de 1 hora para que o aceite de coco solidifique.
  5. Antes de servir, sacar as tartaletas do seu molde metendo un coitelo fino polos bordes e despois decorar con framboesas, améndoas tostadas, cacao en pó ou nata de coco e flores.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Se non da tempo a remollar os anacardos, tamén se poden cocer 15 minutos e despois escoalos.
  • A decoración é mellor poñerlla unha vez desmoldada a tartaleta porque senón ao retirala podese mover e caer.
  • Cun pouco de nata de coco por riba queda moi moi ben xa que a tartaleta soa completa faise un chisco pesada por tanto dátil como leva.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: Amy Le Creations.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*